Reportaxes · Revista Luzes

Outro teito de cristal

Cada vez son máis as mulleres que acceden a cargos de representación política en España. Malia iso, os postos de poder real seguen sendo territorio masculino: ministros, presidentes autonómicos, voceiros de organizacións políticas… Cales son as claves para explicar este feito? Por que, a pesar das cotas de xénero impostas por lei, segue sen haber unha paridade igualitaria na toma de decisións? Segundo a opinión de expertos e das propias representantes de diversas organizacións políticas, as mulleres continúan atopando obstáculos nos estereotipos, na confección das listas e na conciliación.

«Porque todavía no les es permitido a las mujeres escribir lo que sienten y lo que saben». Así denunciaba Rosalía de Castro no prólogo de La hija del mar a escasa presenza das mulleres na literatura. Mais se repasamos a súa prosa descubrimos que o que realmente nos estaba a dicir é que a muller estaba, en resumidas contas, excluída de todo. Tamén da política. Non foi ata 1923, en plena ditadura de Primo de Rivera, cando as féminas accederon por primeira vez ás Cortes españolas por designación persoal, cando aínda non podían votar, ocupando 13 escanos. De 385, claro. Hoxe, a presenza feminina nos parlamentos españois sitúase arredor do 35%, segundo datos de Nacións Unidas, e acada o 40%, por lei, nas organizacións políticas. Non obstante, as mulleres continúan sen facerse cos postos de poder real, que aínda seguen sendo territorio masculino. E isto, a que se debe?

A socióloga Isabel Diz, doutora en Ciencia Política pola Universidade de Santiago de Compostela, explica que «o principio de paridade do 40-60% que intenta introducir a ONU utilízase nos partidos como unha cota. Deste xeito, xógase coa posición das mulleres nas listas e iso fai que moitas veces non se acade a porcentaxe». O proceso consiste en colocar os candidatos masculinos «nos postos de saída» das candidaturas e despois as mulleres.

 

Outro teito de cristal

Olaia Fernández Davila, ex deputada do BNG no Congreso dos Deputados - Foto: BNG
Olaia Fernández Davila, ex deputada do BNG no Congreso dos Deputados – Foto: BNG
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s