Artículos

A loita eterna dos gandeiros galegos

Hoxe é o segundo día de folga dos gandeiros galegos. Protestan porque teñen que asumir un coste de producción do leite superior ao prezo de mercado: reciben 29 céntimos por cada 33-36 que pagan para producir, segundo datos do Ministerio de Agricultura. Un escándalo, sí. Mais a loita dos gandeiros non é nova. Os sindicatos Unións Agrarias (UUAA), Xóvenes Agricultores (XXAA) e Sindicato Labrego Galego (SLG) levan anos reclamando unha millora das condicións do sector leiteiro.

Recordo cando este verán, cando traballaba na radio, contactei cun membro do SLG: “¿Cómo pretenden o Goberno e a UE que vivamos, se o custe do pienso que lles damos ás vacas é superior ao prezo do leite que producimos?”. Perto do 85% das granxas non poden asumir os seus gastos fixos e 7 de cada 10 poderían chegar a unha situación de suspensión de pagos antes do mes de marzo, segundo sinalan diversas asociacións de productores.

Un problema que nos afecta a todos

A situación é complicada, xa que a protesta dos gandeiros afecta á industria láctea, ás empresas distribuidoras de leite e aos consumidores: os gandeiros que secundan a folga estanse desfacendo de 6,5 millóns de litros de leite, o que se traduce en máis de 2 millóns de euros de pérdidas no sector. Alguén podería pensar que a protesta fai máis grande a ferida (como se soe pensar -hai que dicir que con certa ignorancia e falta de solidariedade- cando hai folga), pero a lectura é outra: a situación do lácteo galego chegou ao seu límite e aos gandeiros non lles pode doer máis a alma do que xa lles doe. Non podemos pasar por alto que é a primeira vez que a súa loita ten unha repercusión tan ampla nos medios de comunicación, e a mediatización tradúcese en presión.

Un camión cisterna baleirando leite. Imaxe de @GandeirosGal2 no Twitter
Un camión cisterna baleirando leite. Imaxe de @GandeirosGal2 no Twitter

Nas reunións dos tres sindicatos coa Consellería de Medio Rural houbo comprensión, pero ningún acordo firme. A propia conselleira, Rosa Quintana, sinala que, aínda que as distribuidoras “están dacordo na necesidade de incrementar os prezos” do leite, as medidas a tomar son a medio ou longo prazo. Porén, recoñece que estas medidas “hai tempo que era necesario poñelas en marcha”. Tendo en conta isto, non se entende por qué o goberno de Núñez Feijóo non buscou ningunha solución para o sector nos case 4 anos que leva no poder. Quintana non secunda a protesta dos gandeiros, pero dende a Xunta nunca houbo vontade de diálogo nin de atopar solucións, até agora.

Os galegos vólcanse cos gandeiros

Nas primeiras 24 horas de folga, ningún camión recolleu leite en ningunha das 11.000 explotacións, segundo indican os sindicatos; e, malia as presións, aseguran que o paro continuará até que a industria mostre o seu compromiso firme de subir os prezos. O problema é maior na industria e na xestión gubernamental ca no peto dos consumidores: a sociedade galega estase a volcar coa loita dos gandeiros tanto nas redes sociais Facebook e Twitter (na conta @GandeirosGal2 e con hashtags de apoio coma #GandeirosEnLoita e #oleitegalegoenfolga) coma nas enquisas publicadas polos medios de comunicación. Tamén reciben o apoio dos partidos da oposición, PSdeG-PSOE, AGE e BNG, que esixen a Feijóo accións inmediatas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s